Nosos servizos


Os nosos servizos están dirixidos aos grupos de investigación do noso ámbito de traballo e pretenden facilitar a súa xestión desde todos os puntos de vista: económico, de organización e recursos humanos, e investigador. O obxectivo principal é transferir á sociedade o novo coñecemento científico en biomedicina. Para iso promovemos a investigación, ofrecendo asesoramento, apoio, seguimento e soporte para a xestión de recursos, ao mesmo tempo que buscamos novas oportunidades.


XESTIÓN ECONÓMICA

O foco do noso labor de Xestión Especializada consiste en optimizar os recursos de investigación obtidos polos grupos de investigación que se integran na nosa Fundación, tanto se eses recursos proveñen da captación competitiva como da non competitiva.

PROMOCIÓN DA INVESTIGACIÓN

Procura de oportunidades de financiamento, tanto competitiva como non competitiva, a través de axencias públicas e privadas do ámbito autonómico, nacional e internacional, así como do asesoramento para a tramitación, xestión, administracióN e difusión dos resultados.

XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS

Xestionamos todos os procedementos relacionados coa contratación laboral e a concesión de bolsas de investigación da Fundación. Asesoramos aos grupos de investigación que incorporan persoal a través da Fundación, así como aos propios traballadores da mesma.

XESTIÓN DE ENSAIOS CLÍNICOS

A investigación clínica aplicada a través de ensaios é unha das principais áreas de actividade investigadora do CHUS e, en consecuencia, de xestión a través da Fundación. O noso obxectivo é sistematizar e axilizar a execución de ensaios clínicos, para o que establecemos un procedemento propio para a súa xestión.

TRANSFERENCIA DE TECNOLOXÍA

Transferir á sociedade os resultados das investigacións científicas en materia de biomedicina é un dos nosos obxectivos máis importantes. Colaboramos con membros de ámbito tecnolóxico, alimentario e farmacéutico.

fundacion_publica
idis
servicio_saude_1
servicio_saude_2

biogen logo cambio gris
nestle
janssen

TELÉFONO

+34 981 950 088

FAX

+34 981 950 538

CORREO ELECTRÓNICO
DIRECCIÓN

Travesía da Choupana S/N,
15706 Santiago de Compostela

La Fundación Ramón Domínguez forma parte del consorcio que lleva a cabo el Proyecto IPT-2011-1569-010000 denominado “Valorización de biomarcadores oncológicos para el desarrollo de kits de diagnóstico/pronóstico para el cáncer de próstata y de pulmón” liderado por LABORATORIOS SALVAT y con la participación de FUNDACIO INSTITUT DE RECERCA HOSPITAL UNIVERSITARI VALL D’HEBRON, FUNDACION DE INVESTIGACION HOSPITAL UNIVERSITARIO PUERTA DE HIERRO, FUNDACION PARA LA INVESTIGACIÓN, DESARROLLO E INNOVACIÓN RAMÓN DOMÍNGUEZ, TRANSBIOMED, S.L. y ADVANCED MARKER DISCOVERY, S.L.

La Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domìnguez, participa en el proyecto “Descubrimiento y desarrollo biomarcadores innovadores para medicina personalizada y terapias para el tratamiento eficaz del cáncer de pulmón”, financiado en la convocatoria Retos-Colaboración del Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación Orientada a los Retos de la Sociedad, en el marco del Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016, con número de expediente RTC-2014-1532-1.

A Fundación Ramón Domínguez forma parte do Consorcio que desenvolve o proxecto CFIS-ECOPHARMA, proxecto cofinanciado pola Comisión Europea a través da iniciativa de innovación tecnolóxica ECO-INNOVATION.

www.cfis-ecopharma.com